COMUNICADO DE CONDENA DO ATENTADO CONTRA O SEMANARIO FRANCÉS ‘CHARLIE HEBDO’
Tras o terrible atentado perpetrado en París na sede do semanario satírico Charlie Hebdo, en que morreron doce persoas, entre xornalistas, debuxantes e policías, e resultaron gravemente feridas outras 11, queremos expresar a nosa máis firme condena e repulsa ante quen pretende limitar a liberdade de prensa e expresión en nome dunha relixión ou unha ideoloxía determinada.
Vivimos tempos complicados en canto á convivencia entre culturas e diferentes credos, pero non existe ningunha razón que xustifique o asasinato dunha persoa por moito que a súa opinión contradiga ou mesmo poida chegar a ofender as opinións e crenzas propias. A vida humana, a liberdade de prensa e a liberdade de expresión deberían estar por riba de calquera diverxencia ou conflito, e a súa garantía, por parte de todos os estados e todos os cidadáns, debería ser un compromiso incuestionable e irrenunciable.
Desde AGPI, a Asociación Galega de Profesionais da Ilustración, e de todos os compañeiros ilustradores das demais asociacións de España, consideramos que o feito de continuar a defender incondicionalmente a liberdade de expresión e continuar a traballar como xeradores de imaxes, de ideas e de opinión, constitúen a mellor homenaxe que podemos brindar ás vítimas e ás súas familias, ás que desexamos transmitir a nosa solidariedade e o noso apoio nun momento tan inxustamente doloroso.
A Coruña, 10 de xaneiro de 2015
14/1/15
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Thank you for giving posts and articles were very amazing. I really liked as a part of the article. With a nice and interesting topics. Has helped a lot of people who do not challenge things people should know. You need more publicize this because many people. Who know about it very few people know this. Success for you....!!!
ResponderEliminar