COMUNICADO DE CONDENA DO ATENTADO CONTRA O SEMANARIO FRANCÉS ‘CHARLIE HEBDO’
Tras o terrible atentado perpetrado en París na sede do semanario satírico Charlie Hebdo, en que morreron doce persoas, entre xornalistas, debuxantes e policías, e resultaron gravemente feridas outras 11, queremos expresar a nosa máis firme condena e repulsa ante quen pretende limitar a liberdade de prensa e expresión en nome dunha relixión ou unha ideoloxía determinada.
Vivimos tempos complicados en canto á convivencia entre culturas e diferentes credos, pero non existe ningunha razón que xustifique o asasinato dunha persoa por moito que a súa opinión contradiga ou mesmo poida chegar a ofender as opinións e crenzas propias. A vida humana, a liberdade de prensa e a liberdade de expresión deberían estar por riba de calquera diverxencia ou conflito, e a súa garantía, por parte de todos os estados e todos os cidadáns, debería ser un compromiso incuestionable e irrenunciable.
Desde AGPI, a Asociación Galega de Profesionais da Ilustración, e de todos os compañeiros ilustradores das demais asociacións de España, consideramos que o feito de continuar a defender incondicionalmente a liberdade de expresión e continuar a traballar como xeradores de imaxes, de ideas e de opinión, constitúen a mellor homenaxe que podemos brindar ás vítimas e ás súas familias, ás que desexamos transmitir a nosa solidariedade e o noso apoio nun momento tan inxustamente doloroso.
A Coruña, 10 de xaneiro de 2015
29/10/13
Entrevista a Suso Cubeiro
O pasado sábado, 26 de outubro, desenvolveuse en Santiago de Compostela o X Encontro Galego de Ilustración, organizado pola AGPI no Centro Cultural Fundación Novacaixagalicia de Santiago.
O artista coruñés Suso Cubeiro, que leva desenvolvendo esta profesión desde hai máis de 35 anos, foi homenaxeado dentro do citado Encontro pola súa traxectoria como pioneiro do sector profesional e por ser membro fundador e un dos máximos impulsores da AGPI; por todas estas razóns, foi tamén nomeado socio de honra.
Na foto, tomada por Pinturero, un momento do acto de homenaxe, coa entrega dunha figura conmemorativa realizada por Laura Blanco inspirándose no logotipo da AGPI. Reproducimos a continuación a entrevista realizada a Suso Cubeiro por Fernando Esclusa nos días previos á homenaxe. O texto foi enviado como nota de prensa aos medios de comunicación galegos.
«Os ilustradores somos presuntos delincuentes para a Administración»
Suso Cubeiro (A Coruña, 1954) reivindica o papel social da ilustración e da cultura en xeral nestes tempos de crise institucional: «Somos presuntos delincuentes para a Administración, como calquera autónomo», en alusión aos fortes impostos e retencións a que están sometidos. «O de traballar de autónomo é unha ruína: entre o 21 % de IVE e outro tanto de IRPF, os ingresos —asegura— quedan reducidos á metade, a unha verdadeira coña». Cubeiro fai especial fincapé no valor da cultura e no desprestixo desta por parte da Administración: «Tendo en conta que cada vez se venden menos libros, menos cine, menos música, cae de caixón que houbese un IVE reducido».
«A cultura —prosegue— ademais dun negocio é un ben social; aínda que non de primeira necesidade, anda moi cerquiña, polo que é necesario coidala e preservala, cousa que non se está a facer en absoluto». «A Axencia Tributaria cre —sintetiza Cubeiro— que todos os autónomos traballamos en negro, cousa que na ilustración é imposible, xa que tanto institucións como editoriais ou axencias de publicidade sempre piden factura, IVE e retención».
«Quérenme xubilar»
Ao preguntarlle a Suso Cubeiro como toma o premio da AGPI á súa traxectoria profesional, chancea dicindo: «quérenme xubilar. Incluso a miña muller ao principio deste ano fíxome un seguro de vida. Mesmo alenteille á miña filla pequena dicíndolle que un debuxo seu era moi bonito e contestoume: “cando morras, papá, métocho na caixa”». Un pouco máis serio, considera e agradece á asociación da que foi fundador a homenaxe que lle teñen preparada para mañá no Centro Cultural Fundación Novacaixagalicia en Santiago: «a punto de cumprir os 60 anos, a cousa é que todo vaia ben a nivel profesional e, sobre todo, a saúde, pero aínda que o intenten, non me vou xubilar na vida».
Suso Cubeiro estudou para telegrafista, traballo que desempeñou ata que fixo unhas caricaturas para unha voda, onde coincidiu cun xefe dunha axencia de publicidade: «era polo 78, e eu non tiña nin puta idea do que era a publicidade, nin de bosquexos; nin sequera sabía o que era un módulo». Aínda así, accedeu a traballar para el, e así ata os nosos días. Botárono máis tarde porque non cadraba coa creatividade da empresa: «Para un cliente dunha clínica capilar encargáronme que debuxase una cabeza con pelo e outra sen pelo. O que fixen foi unha viñeta na que, nunha rúa, dous indios estaban agardando un tipo que entraba en dita clínica dicindo “xa verás, vaia cabeleira que imos ter nuns minutos”». «Claro —aclara—, a miña relación contractual rematou nese mesmo intre».
De telegrafista a ilustrador
Suso Cubeiro estivo de telegrafista durante tres anos, nos que percorreu os mares do Caribe, o Pacífico, América do Sur, Singapur... «Aínda que intercalei este traballo con moitos outros empregos —recoñece— como chapuzas a domicilio, como “Pepe Gotera y Otilio”, reparador de xoguetes, onde me ía moi ben, fotógrafo de casamentos, bautizos e comuñóns, de dependente nunha tenda de equipos hi-fi, etc.». Recoñece: «case sempre que ía a navegar era porque me divorciaba». Cando recalou como artesán do pirogravado, onde vendía as súas obras de feira en feira, presentouse a un concurso da Consellería de Industria chamado «Utreia». «Aí foi —lembra— a primeira vez que traballei con cor, e mira, gañeino». A partir de entón, dedicouse por enteiro á ilustración.
Máis de 50 títulos ten a pluma deste artista «viaxeiro», case todo de literatura xuvenil, aínda que a súa especialidade é debuxar o tema da natureza: «estou rematando nestes intres un libro de lendas de paxaros, para entregar mañá ou pasado á editorial». Destacan El secreto del Bosque Viejo (Gadir), El espíritu del bosque (Everest), Diccionario de seres fantásticos (Espasa), La vuelta al mundo en 80 días (Bruño) e Los tres cielos (Auga Editorial). Ademais do seu labor como ilustrador, escribiu tamén dúas obras de literatura infantil: Larita (Editorial Everest) e El regalo de Rosalinda (OMIC). Algunhas das súas obras foron traducidas a portugués, castelán e catalán, como é o caso de El señor mago y la hoja ou El espíritu del bosque. Como ilustrador de naturaleza destacan os centros de visitantes das aulas de natureza de Chelo (A Coruña), de Moreda do Courel (Lugo) e do Río Miño (Ourense). A súa obra pode atoparse tamén no Museo do Mar do Castelo de San Carlos de Fisterra (A Coruña), na lonxa turística de Fisterra (A Coruña), no Castelo de Santa Cruz en Oleiros (A Coruña) e no Museo do Mar de Rianxo (A Coruña). Tamén ten colaborado nas películas de Dygra Films El bosque animado e El sueño de una noche de San Juan.

Etiquetas:
AGPI,
Encontro Galego de Ilustración,
socio de honra,
Suso Cubeiro
25/6/12
Spoiler
Hai
como mil anos que non facía nada en 2D, pero dende hai uns días,
mentres traballo, doume por escoitar o audiolibro do terceiro libro de
"canción de xeo e lume" (saga na que, como todos sabedes, está baseada a
serie "xogo de tronos"), así que non puiden resistir a tentación de
facer un "fan art" dunha escea do libro, que aquí vos deixo a modo de
spoiler das cousas que poderemos ver o ano que ven na 3ª tempada desta
incrible serie.
25/12/10
23/12/10
22/12/10
Otro año más;
Y lo único que aborda mi mente en estas fechas:
Pequeñas lucecitas tintineantes, pompitas,
colores realmente cálidos, y angelitos mofletudos
y regordetes con la mirada perdida.
Si el mundo fuese un estanque, mejor ignorar lo que se oculta
bajo sus turbias aguas.
Felices Fiestas socios!
John "El Grinch" Lost

21/10/09
Reflexións animais (2). Caracol col col...
Reflexións animais.
Reflexión outonal dun molúsco gasterópodo.
-Cada día somos máis semellantes ás persoas. Vemos pasar a vida demasiado rápido e só deixamos tras de nós un rastro de baballas... Puagh, que noxo! Persoas!
I. Mouronte B.
28/7/09
Serie de dinosaurios "retro"
Boas a todos, aquí vos deixo unha imaxe do último proxecto persoal no que ando metido. Tratase dunha serie de dinosaurios con look retro (ó estilo das ilustracións de dinosaurios de finais do S. XIX e principios do XX) inspirados especialmente na obra de Charles R. Knight, un dos mellores ilustradores de dinosaurios de tódolos tempos. En principio tentarei facer 3 ou 4 especies distintas polo menos, o obxetivo é simplemente practicar co Z Brush e ampliar un pouco o portfolio.
26/5/09
Venderemos Galicia aos chinos
En el último número de Retranca (el 18), Manuel Lourenzo González se mete en el pellejo u mente de nuestro bilingüísimo presidente de la Xunta y, desde allí, idea una solución para la crisis: vender Galicia a los chinos: Os chineses lo están comprando todo, non es cierto? Queren investir, sóbranlles los cuartos. Actualmente tienen bancos, multinacionais, flotas de avións, dentro de nadita te estarán en la Lúa... Pues, de aquella, que nos compren! Pasemos a ser unha provincia chinesa. Con las chilindradas que nos quedan para vender, convirtamos Galicia en un superbazar. Xa vexo los farolillos vermellos en todos os recantos del país, os dragóns en las bandeirolas... Fagamos tai-chi en el Pico Sagrado, comamos rollitos de primavera, paremos a Cidade da Cultura y levantemos unha muralla: la Grande Muralla da Cultura. [Ilustración: Óscar Villán]
19/5/09
Caricatura de Obama
Suscribirse a:
Entradas (Atom)