11/12/06

tyrannosaurus rex "retro"



Ola de novo, aquí vos deixo a última imaxe da miña colleita; este foi un deses traballos que vas facendendo ós poucos e se acaban eternizando pois lembro que a comecei a principios de este ano 2006 e non o din por finalizado ata agora, que xa estamos a piques de estrear un novo ano.

É un tiranosauro pero cun toque retro, tentei imitar o estilo das primeiras representacións que se facían destas bestas, e que foron a imaxe que a xente tiña delas ata case finais do s. XX... mostrábansenos como pesados réptiles que camiñaban lentamente arrastrando as súas colas, no canto de como as áxiles criaturas de sangue quente, que parece ser que foron, segundo apuntan os últimos descubrimentos.

A obra de mestres do stop motion como Willis O'Brian e Harryhausen que trataron en multiples ocasións a temática prehistórica nos seus traballos, tamén foi fonte de inspiración para a creación desta imaxe, e de ahí que tentase darlle un aspecto de maqueta ó conxunto.

Espero que vos guste, como sempre críticas e comentarios son ben recibidos :-)

3 comentarios:

  1. Está impresionante, Tucho. Un curro tremendo 3D, desde el modelado a las luces finales. Muy bueno.

    ResponderEliminar
  2. gracias por los comentarios fernan, si a alguien le interesa se pueden ver más imágenes de la escena en http://206.145.80.239/zbc/showthread.php?t=40434

    saludos

    ResponderEliminar
  3. Es un rollo tenebrista muy en plan pintura barroca, tipo Caravaggio, pero en vez de aparecer el Conde-Duque de Olivares o el dios Baco.es un dinosaurio. Mola

    ResponderEliminar